Subvenciónanse feos/as.
Inseminario amósase SuperAFavor da Xunta. Reticencia Galega declara non só o seu apoio incondicional senón o seu amor infinito.
A Xunta en vez de facer o propio, é dicir, deportar/expulsar/encerrar/prohibir/executar/tapiar/enterrar/....... os feos e as feas e, en xeral, todo aquelo que non é bonito agora PRÉMIAOS!!!
Así que non preocuparse, se tes as tetas demasiado grandes, demasido pequenas, extrávicas, se tes cartucheiras ou nariz tipo tubérculo masivo, se te pareces aos irmaos Kaczynski, se esa sensual barriguiña transformouse nunha tripa noxenta, se vistes que das pena, ........
NON TE PREOCUPES!!!
AGORA A XUNTA DACHE ATA 6000 EUROS PARA CORPORACIÓN DERMOESTÉTICA.
E todos felices*
AGORA A XUNTA DACHE ATA 6000 EUROS PARA CORPORACIÓN DERMOESTÉTICA.
E todos felices*
* NOTA: En Inseminario non nos fai falla esta medida porque como todo o mundo sabe somos fermosísimos, divinos, agora ben, estamos dispostos a axudar á Xunta a través dos nosos impostos para contribuír á expansión da beleza. Esto é solidaridade ben entendida e o demáis son coñas.