INSEMINARIO

a punk attitude

31.5.06

REFORMA DEL ESTATUTO DE AUTONOMIA DE LA REGION DE MURCIA

Siguiendo el ejemplo catalán, los murcianos nos hemos decidido a dar el gran paso,

REFORMA DEL ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE LA REGIÓN MURCIANA

PREAMBULO

Murcia, ejerciendo el derecho que le reconoce la constitución manifiesta su voluntad de constituirse en Reino Independiente las terceras semanas de mes.

En esta hora solemne en que Murcia recupera su libertad, rinde también homenaje a todos los hombres y mujeres que lo han hecho posible.

TITULO PRELIMINAR: DISPOSICIONES GENERALES

Artículo 1

Murcia es un Imperio, o por lo menos lo vale

Artículo 2

El Imperio murciano está compuesto por los territorios actuales más los que se reclaman por razones históricas como en justicia son, Orihuela, la Vega Baja hasta Guardamar, La Torre de la Horadada, Hellín, naciones bañadas por el trasvase Tajo-Segura, la totalidad de la provincia de Albacete, las poblaciones de Huercal-Overa, Vélez Rubio, Vélez Blanco, José Vélez y Cartagena de Indias.

Artículo 3

Escudo. Nuestro escudo estará compuesto por la figura de un ladrillo del 6 escoltado por cuatro campos de golf y en sus vértices cuatro plantas desalinizadoras sin inaugurar.

Artículo 4.

Himno. El Himno de Murcia, a diferencia del vecino país Ex Paña, tiene letra pero no tiene música.

Artículo 5.

Por el culo te la hinco

Artículo 6

Serán ciudadanos de Murcia todos aquellos nacidos en el Reino de Murcia o en los Territorios de Ultramar (Isla Perdiguera).

Artículo 6.

Lengua. La lengua oficial del Imperio es el Hispano-Panocho, todo murciano tiene el derecho y el deber de conocer su lengua. Las instituciones imperiales promoverán su uso y serán especialmente escrupulosas de que en dicha lengua vengan traducidos los billetes de banco, entradas de fútbol y los tikes del Mercadona. Los que no sepan hablarla irán a clases los martes y jueves después de comer (se quedan sin siesta).

Artículo 7

En el proceso de normalización lingüística de nuestro idioma se eliminará la grafía "g" que será sustituida por la jota, llamada, a partir de ahora, “jota murciana".

Artículo 8

La bandera. Murcia tendrá dos banderas, una azul celeste y otra negra que se usarán respectivamente de día y de noche para no ser vistas. TÍTULO PRIMERO

Artículo 1.

Financiación. El tesoro imperial será sufragado por un impuesto inversamente proporcional a la riqueza de sus súbditos constructores y promotores de postín, directamente, no pagan), así como por un canon sobre el champú y el papel higiénico y, solidariamente, por lo que le sobre a Cataluña.

Artículo 2.

Con la aprobación de este articulado se colman las reivindicaciones históricas de Cartagena y así pues por fin CARTAGENA ES UNA PROVINCIA sin discriminación sobre el resto de las que componen el Imperio murciano (provincia de Murcia y de Territorios de Ultramar).

Artículo 3.

Todas las provincias dependen orgánicamente de Murcia capital como capital del Imperio, incluida Cartagena.

Artículo 4

La Asamblea es la cámara de representación de todos los murcianos y estará constituida por un solo escaño.

TÍTULO SEGUNDO

Artículo 1.

Moneda. La moneda del imperio es el Valcárcel, divisible a su vez en piezas de menor valor, así 1 Varcárcel equivale a 100 Mariantonias , 1 Mariantonia equivale a su vez a 5 Collados.

Artículo 2

La unidad de medida es el metro urbanizable

Artículo 3

El metro urbanizable se divide en 10 miajas. La unidad fraccionaria de la miaja es la miajica, también llamada chispitiquia. Es decir, son lo mismico.

Artículo 4

La Narbona cúbica es la medida de capacidad. La Narbona cúbica se mide al revés. Ejemplo: un pantano lleno es igual a 0 narbonas, un pantano vacío es igual a una panzá de narbonas.

Artículo 5

El imperio murciano protegerá el Río Segura para evitar trasvases desde éste a otras cuencas. El Segura pasa a ser navegable hasta Cieza.

DISPOSICIONES ADICIONALES

Artículo 1

El poder en el Imperio murciano emana del pueblo. El pueblo emana de Prima y la Prima Hermana (ya hace años que no vive en el pueblo).

Corresponsal en Murcia: laperradepunset

29.5.06

Teoría do desenvolvemento

A teoría do desenvolvemento susténtase en dous principios:

  1. As oportunidades de desenvolvemento son escasas, é dicir, non existen oportunidades de desenvolvemento para todos os territorios.
  2. Os auténticos imprescindibles para que se produza o desenvolvemento son os bobos: aqueles de desaproveitan as súas potencialidades, multiplicando así as oportunidades de outros de desenvolver as súas. É dicir, si algúns territorios se desenvolven é por que aproveitan as súas oportunidades e outros non o fan.

Os bobos son, por suposto bobos territoriais, unha forma de consciencia colectiva que se ancla no subdesenvolvemento.

Un exemplo de bobo territorial é o Concello de Ribeira, que conta cun recurso excepcional para o seu desenvolvemento no parque natural de Corrubedo. Sen embargo, nos lindes do parque se autorizou unha canteira que destroza a unidade da paisase, se van autorizar urbanizacións e se están a facer polígonos industriais (en breve se vai a autorizar un novo ao final da praia do Vilar).

Non obstante, hai que destacar ("en positivo") a creatividade do Concello de Ribeira, que ven de inventar o polígono industrial disperso. Están a conseguir encher todo o concello de polígonos de modo que se consigue anular a súa principal vantaxe, concentrar a industria nun determinado lugar evitanto inferferencias nos usos do solo. Así mézclanse praias, polígonos, zonas residenciais, etc.

Dirá algún: "é que o verdadeiro progreso está na industria". E pode ser, seguramente pase que o que escribre esto non teña nin puta idea de desenvolvemento (de feito son cociñeiro), pero si o desenvolvemento ven da industria por que carallo protexen o parque?. Mellor que poñan unha megapiscifactoría e usen a area excedente para construir torres de 40 pisos en Aguiño, que eso si que é progreso. Ou non?

El señorito Pepis

27.5.06

Nova Bandeira Nacional Gallega (segundo o BNG)


aquí está a nova bandeira Nacional Galega (segundo o BNG, que che pide o teu voto, por certo).

o Comité Inseminario para as Víctimas do Mamoneo (CIVM) recomenda o boto.

CIVM

por fin todo mal sempre!!: Pensamiento Regional

por fin todo mal sempre!!
esta podería ser unha frase que caracteriza o espíritu Regional Gallego. é dicir que se todo vai mal en todo momento é que non pasa nada, é dicir, que todo vai ben.
pola contra se as cousas van ben, sospeita!!
por exemplo: follo mogollón, teño pelas, escrebo libros de éxito, vai bo tempo.... mmmm COIDADO! aquí pasa algo, esto non pode ir ben. etc etc.
Filósofos Gallegos Geyper (FGG)

aguiliña

Nuñez Feijoo, co seu perfil aguileño, cré ser un águila de longo voo. podería ser. pero leva prendida na pata unha bola de ferro tamaño mapamundi 1:1 que pon pasado.

O Cetreiro

patriotas aunténticos

Beatriz Carbajal!! Moncho Borrajo!! Patriotas Gallegos!!!.
menos mal que chegou cálico electrónico para salvar(nos).
Lycaón

22.5.06

¿Por que o psiquiátrico de Conxo está precisamente en Santiago?

Despois de 500 e pico anos de investigación o Departamento de I+D do Comité Inseminario para a Explicación dos Misterios do Mundo, ven de determinar (sen marxe de erro) a razón para a ubicación do psiquiático de Conxo:

á proximidade á Universidade de Santiago, facilitando así o acceso ao servizo ao seu principal grupo de usuarios: o profesorado da universidade.

Observase ademais que o acceso a prazas de profesorado provoca un deterioro irreversible do sistema nervioso central, cuios primeioros síntomas aparece ao ano de firmar o contrato. Non existen cura para este misterioso mal, pero Conxo permite minimizar o dano social do profesorado universitario.

Lamentablemente o proceso de segregación das universidades de Vigo e Coruña, non se acompañou deste necesario servizo, de modo que profesorado directamente sin sistema nervioso se ve obligado a continuar na docencia.


O Rei Nintolo

20.5.06

reivindicacións territoriais

non facemos máis que corrixir erros, xoder!. por qué reinvindicar os territorios de Sanabria en Zamora, o Bierzo ou o occidente asturiano, incluso o val de Xálima extremeño? a quén se lle ocorreu semellante idea? para que queremos máis lugares improductivos, tristes, ñoños e aburridos?
a reivindicación natural da Región Gallega son os territorios de ultramar de Tailandia. Tailandia 5 provincia (por certo, a de maior futuro). igualmente declaramos anexionada a provincia de Australia e situamos a parroquia de Melbourne como capital de Concello coa súa típica festa gastronómica (koala á feira). o ocalito é un elemento diferencial e identitario histórico da Región Gallega.
Mariscal Inse

solución para o de Muxía

como non podía ser menos, xa temos a solución para Muxía que artellamos en varias fases:
  1. deportar aos/ás habitantes/as de Muxía para o complexo residencial Pescabova consistente en tanques de rodaballos con vistas ao mar. o complexo residencial está na Nación Namibia.
  2. encher Muxía de tailandesas.
  3. denominar o novo lugar xurdido: Centro Comercial
  4. adicalo a cría intensiva de tailandesas.

custo estimado: 125 euros que aportarán solidariamente os de muxía para as arcas do goberno da Región Gallega. o desprazamento, churrasco e tourtela span-hola corre da súa conta. realización completa do proxecto: un par de semanas. beneficios: 1.234.532 postos de traballo (tratábase diso, non?)

deslocalizadores reunidos da xeración Vox

19.5.06

copa de europa

se 22 tíos en calzoncillos por un prado desata tal pasión que mobiliza a millóns de cidadáns de toda europa, para cidades, convoca miles de persoas fronte á tv, etc. por qué logo a xente estránase de que o porno sexa realmente o que move o planeta?
lóxica

18.5.06

fume nacional

determinados individuos e sectores do nacionalismo da Región Gallega teñen por único capital intelectual e político a oposición a España, particularmente a esa España rancia, caduca e centralista... se venceran ao inimigo, ao adversario, a España, e desaparecera ou deixara de ser un problema, estes sectores extinguiríanse como fume. así que o obxectivo real da sua loita é alimentar o inimigo ad infinitum.
O Incomodador

17.5.06

letras gallegas. consideracións 2

e dicimos Vox: para os reintegratas e penha dista, o día das letras galegas auténtico debería coincidir co día das letras portuguesas? ou non? é máis, non debería existir, ou non?
Pai Lan

letras gallegas. consideracións

realmente o día das letras gallegas, hoxe, é a típica ñoñería gallega de non pronunciarse nin a favor nin en contra de nada (nonvaiaselodemo way of life), rollo serodio, pailán, medoso, etc que non vai a ningures. por qué non nos pronunciamos a favor ou en contra dalgunha letra en concreto?
a resposta, como non podía ser doutro xeito témola Vox: o día das letras gallegas está na liña SuperaFavordeTodo (SuFaTo), é o día de todas as letras, non de ningunha en particular, non fai discriminacións de ningún tipo, nin siquiera positivas.
de todos xeitos é un rollo reduccionista e un pouco pailán. Vox propoñemos a nosa escritora candidata a homenaxear que non é máis que a incomparable/bel Mariama Mbengue Ndoye . o típico Yilipoulas dirá que non escrebe en gallego, pero iso ten algunha importancia?
Li Lu Gris.

16.5.06

Capital Político

Galiza, epicentro histórico do caciquismo, ten unha enorme canteira de xestores públicos capaces de crear boas redes de influencia, de poder, de captación de comisións ilegais, etc. É dicer, é un auténtico viveiro de novos valores, unha terra cun know-how acumulado que para si quixeran as regiones máis desenvolvidas.
Debemos reclamar do novo goberno que atenda ás necesidades dese sector improdutivo, apoiando o seu desenvolvimento con medidas positivas de reforzo, tipo: liñas de formación regrada, exencións fiscais, encontros de cooperación sectorial, etc. Do contrario, vaise consolidar a tendencia que xa se comeza a albiscar: a fuga de cerebros cara institucións e empresas foráneas, e por tanto a perda dos nosos recursos humanos en favor doutros territorios parásitos. Ou sexa, a descapitalización do país.

Ronces Valles Inclanes

Revolución

Eu a estas alturas a única revolución na que creo é a dos chiquiprecios. Desde logo, moitísimo máis que na revolución da celulite de L'Oreal.

Calvin Torreiro

así, si


mentres o ecoloxismo da Región Gallega pérdese en gilipolleces estratéxicas e organizativas, cando non en intrumentalizar apoios a partidos políticos ou crear pequenas sectas nas que sentirse ben, ou peor, cando se pon a discutir sobre cuestións como o a opresión patriarcal da muller lesbiana Gallega e cousas así, Greenpeace actúa. e cómo actúa! parroquianos e parroquianas de Inseminario, vós vístedes qué cú!!??
non o pensedes máis, actuade! non máis debates estériles, folow the ass! non o mires, únete!!
Comité Inseminario de Debates Underground (CIDU)

14.5.06

Galescolas: Gran oportunidad

"Gran oportunidad: Importante nación peninsular, líder en su sector, busca socios locales para abrir exitosas franquicias. Interesados contactar con: departamento de educación del EAJ-PNV"
(anuncio atopado na prensa)

12.5.06

a creación dun paraíso linguístico

o Ministerio de Sanidade, Plagas e Males Bíblicos (MSPMB) de Inseminario quere amosarse radicalmente SuperaFavor dos linguistas e filólogos galaicos. tanto é así que a Dirección Xeral de Plagas propón a creación do paraíso liguístico consistente nunha illa, poñamos no mar de Barents, onde só haberá linguístas, filólogos e nada máis. nel poderán amosar as suas habilidades e bon saber facer de xeito pragmático e consistente, creando un auténtico ceo na terra de pureza e esencias. recomendamos limpar previamente a illa de paos, pedras e calquera utensilio susceptible de ser empregado entre mínimos e máximos, reintegratas e non reintegratas, etc. mordiscos, arañazos e demáis serán vixiados, permitíndose únicamente a agresión verbal en perfecto galego-portugués. todo será filmado e emitido en prime-time na TRG (tv regional gallega).
MSPBM

10.5.06

ultrademocracia

a Región Gallega é o lugar máis democrático do mundo. tanto é así que ata se vota constantemente o que é legal ou non en función do que nos saia dos collóns.
Inseminario SuperaFavor da RGU (Región Gallega Ultrademocrática) e da Ultrademocracia.
Transformer

cobardía

se houbera que destacar unah característica dos/as habitantes/as da Región Gallega, ésta sería a cobardía. décadas e décadas de emigración é que ten, ao final só quedan os cobardes.
ninguén se atreve a dicilo, pero a Xeración Vox, si, qué carallo!
qué é iso de que o Gallego/a non sabe se sube ou se baixa: o que fai é agardar a ver o que fan os outros.
Un da Xeración VOX.

Alternativas para o Capitan Pescanova

O Comité Inseminario para Capitanes Pescanova e outros Actividades de Piratería (CICPAP) quere facer pública a súa alternativa, como sempre orixinal e innovadora, para resolver casos como de Touriñan. Dado que cumplir a legalidade non parece unha alternativa socialmente aceptable propoñemos a recuperación de figuras de eficacia probada ao longo da historia (tradicionais - lo tradicional-rural mola-), como é a bula. Así para dar transparencia a estos procesos poderíamos establecer bulas ao complimento da legalidade en función do nivel de renta. Por exemplo:
  • A partir de 600.000€ podes construir unha casa onde che pete (nas dunas de Corrubedo por Exemplo, que é un sitio bonito), aparcar en doble fila diante do Carretas e cazar pitas de monte nos Ancares.
  • A partir de 3.000.000€, ademáis podes circular por cidade a 190 Km/h, atropellar un neno e levar o cruceiro de Hio para o Chalé.
  • Con 6.000.000€, xa poderías traficar con mulleres, sobornar un alcalde e plantar unha piscifactoría en Touriñán.
  • Para cazar negros xa habería que ter unha petrolera (é un decir).

Fiuncheiras

8.5.06

sangue

se o sangue ten un prezo, que o ten, gostaríame saber cántas unidade de sangue levo na miña carteira. cántas unidades de sangue podo pagar coas tres tarxetas que levo nela incluíndo a de creto. cántas transfusións podería recibir antes de palmala. en definitiva, cántas persoas podo mercar? bastantes, non?
Ninguén

5.5.06

vacuas reflexións va-cunas

se cadra os lúcidos subcomediantes non aguantaron máis porque son auténticos crentes e teñen fé. fé no futuro, na transformación, na evolución da humanidade (va-berce*). a fe desgasta. a xeración Vox, porén, non cremos, só somos algo punks. estamos vaberzados**
* va-cuna
** vacunados
Dr. Osmond consulta un Nenomalo

Reintegrata Non Practicante e Dubidante (R.N.P.D.)

E digo eu que esa apelación aos 200 millóns de falantes en língua lusogalaica non debera facer parte do argumentario dos reintegratas anti-coloniais.

Ao fin, se hai 200 millóns de persoas que falan o noso idioma débese á salvaxe colonización que emprenderon os portugueses e que supuxo a desaparición masiva de línguas nativas na América e na África.

Se o que afirmamos é a diversidade cultural, España efectivamente xogou e xoga o papel de imperio pequeno, pero entón Portugal é o imperio minúsculo e mesmo a Galiza (e as súas oficialidades lingüísticas homoxeneizantes) sería o imperio infinitesimal (ou nanoimperio).

Se pola contra apostamos pola utilidade da língua baseada no número de falantes (criterio economicista vía feitos coloniais consumados), entón claro que sería interesante salvagardar o galego-portugués, pero quizás con maior énfase incrementar o uso do inglés e, de agora en diante, do chinés.

Igual que rememorar con nostalxia á monarquía galega persoalizada no Rei Garcia é un disparate en boca de militantes de esquerdas.

Jonathan Pinheiral de Sousa Santos

cans

Franza sempre a vangarda: quizáis o futuro político en Europa continue a ser a disputa entre o can criado na rúa e o can criado en xardíns versallescos, Sarkozy e Villepin. pero ao fin, só cans.
M. Meinhof

4.5.06

Vandalismo

Os deportistas o único que fan é deixalo todo perdido de lapos
(cuspe, flemas)

Dottore Mignoca

o pobo é quen máis desordena
Dr. Osmond

3.5.06

e ningún concello sen a sua festa gastronómica

pois claro que non: todos os concellos e concellas teñen dereito e dereita á sua festa gastronómica.
propoñemos algunha: festa da empanada de balea de Cervantes (expícase porque os maragatos levaban a balea por alí). festa da piña tropical de Folgoso do Caurel (non se exprica). festa do porco agridoce de a golada (había un chino por alí). festa so wok de cus-cus de ñú de marín (un rollo celta). festa do cocido de cebra de paradela (seica hai un paso de).
fagan as suas propostas.
Inseminario SuperaFavor do sincretismo cultural e gastrónómico!! SuperaFavor da irrealidade!!
M. Meinhof.

2.5.06

Lanzamento da Campaña: "Ningún concello sen Capital"

O Comité Inseminario Super a Favor de Todo y de la Paz en el Mundo de Galicia (CISFTPMGA) quere manifestarse completamente en contra de comportamentos super pailáns, como reivindicar a capital galega para Coruña, a capital de Pontevedra para Vigo, a capital de España para Madrid ou a capital do mundo para Nova York.
Propoñemos en cambio que todos os concellos sexan capitais do que lles de a gana (apoiamos a diversidade e a diferenciación), e aplaudimos a diseminación da proposta innovadora de algúns concellos que se declaran capital. Algúns exemplos:
  • Monforte de Lemos: Capital da Ribeira Sacra.
  • Campo Lameiro: Capital da Arte Rupestre de Galicia.
  • Sansenxo: Capital turística de Galicia.
  • Silleda: Capital Agropecuaria de Galicia.
  • Cee: Capital económica da Costa da Morte.

Felicitamos a estes concellos orgullosos de si e invitamos a expandir esta estratexia estratéxica. ¿Cal será a capital do cocido?, ¿Cal a da empanada de papuxa?. ¿Cal a das cousas que ulen ao que non ulen?. ¿Cal a do tuning de tractores?.

Voluntarios Inseminarios del Mundo!!: Agardamos as vosas propostas e a vosa colaboración activa (admítense donacións, of course) na nova campaña inseminaria Ningún concello sen capital.

O Piloto