INSEMINARIO

a punk attitude

24.6.08

Ten a retranca un límite?

Por qué cando nos declaramos SuperAFavor de algo que teña que ver co BNG, directa ou tanxencialmente non temos nin pizca de graZa?
Ten a retranca un límite?

19.6.08

Grandes patriotas galegos

Castelao, Fernando Blanco, Manuel Jové, Jacinto Rey, Epifanio Campo. Patriotas Galegos!!.

Estaban aí pero había que facilitarlles saír do armario: Inseminario xa axudou no 2006.

14.6.08

Teléfono de asistencia

Breaking News:
Inseminario habilitará un teléfono de resolución de dúbidas sobre o conceito de patriarcado para todos aqueles homes que queiran chamar ao teléfono dos homes perdidos pola ruptura do sistema patriarcal.

12.6.08

Crisis? What crisis?

Estamos francamente preocupados pola crisis do transporte e tal. Os transportistas queren que o Estado solucione o seu problema e nos estamos SuperAFavor: nacionalicemos o Transporte! Por un transporte público e de calidade!!

Ante as crisis o máis intelixente é buscar amigos: SuperAFavor de Arabia Saudí e da OLP!

7.6.08

Azul

O BNG muda a estrela vermella por azul-PP.
  1. Ataque de sinceridade
  2. Quitar a careta
  3. Coherencia símbolos-políticas
  4. Tódalas anteriores opcións son correctas.

5.6.08

Fin do idioma Gallego en 10 puntos

  1. Inseminario é un producto intanxible experienciable que se expresa a través de sensacións, emocións, ideogramas vehiculados, maioritariamente, na lingua da Región Gallega, esto é, en Gallego. O contrario tamén é certo.
  2. Os/as/es vividores/as/os de Inseminario son usuarios dista lingua.
  3. Cando estamos SuperAProl ou SuperAFavor (semella o mesmo, pero non o é) da fauna que habita o Bloco, por exemplo Aimerix, Doña Francisquita, 5ªNa, etc., non recibimos feed-back ningún polo que deducimos que non causamos gracia, inquietude, pasión, nin nada.
  4. Calquera post en blog, nova, columna de opinión, etc que fale sobre a lingua suscita o interese máximo e cotas de participación inimaxinables. Se ademais, introdúcese o sub-tema reintegrata, entón xa a mobilización cidadá acada o paroxismo.
  5. Atendendo aos puntos 2 e 3, está claro que os usuarios/as da lingua da Región Gallega son afíns ao mencionado bloco-secta.
  6. A lingua Gallega está polo tanto en boca do mentado perfil.
  7. Unha lingua non pode sobrevir a base de 200.000 votos, moitos deles prestados.
  8. Concluimos que a lingua Gallega será minoritaria total e absolutamente en breve.
  9. A lingua galega converterase no totem principal dunha pequena e marxinal secta cuxos principais rasgos son o aburrimento, a extemporaneidade, a obsolescencia, o fasciofundio, a depilación deficiente, o culto ás infraestructuras da primeira metade do século XX, o liberalismo económico, etc.
  10. Corolario: a lingua Gallega desaparecerá e só Inseminario estará SuperAProl dila.

Notas:
Inseminario está SuperAFavor das Minorías como expresión singular da diversidade e das Maiorías como expresión singular do mesmo.
Inseminario está SuperAFavor das linguas mortas inda que para determinados traballos de precisión preferímolas vivas e coleando.
Se cadra, todo xa pasou.